Saturday 27 de April de 2024

Axenda cultural sábado 25 de marzo en Cariño


MOFA e BEFA presenta PIROLÍTICOS

Sábado 25 de marzo, a partir das 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Entrada de balde ata completar aforo.

Dirección: Clara Gayo
Dramaturxia: Lucía Aldao, Clara Gayo e María Lado.
Elenco: Evaristo Calvo (Mofa) e Víctor Mosqueira (Befa)
Duración: 90 minutos
Maiores de 13 anos

PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consonancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.